lunes, 10 de diciembre de 2007

ACTUACIÓNS

Sempre tocamos nas nosas xuntanzas dos entrefaros. De vez en cando tamen nos podes atopar en bares coma o Pepucho en Malpica, na Torriña en Corme e non faltamos en festas coma a do raxo no Faro e outras que van surxindo. Se estas interesado en que toquemos na tua podes contactar connosco directamente mediante o noso correo ou mediante o concello de Malpica de Bergantiños

COMO NACEU ENTREFAROS

Somos unha asociación cultural que se creou a raíz de ir as festas arredor do concello de Malpica, nas cales cada un levaba o seu instrumento para facer fuliada e cantabamos cancións populares galegas. A máis festas aquilo ía mellorando e pensamos en crear unha asociación cultural, pero habia que atopar un nome. Na primeira festa que coincidimos todos foi na festa do raxo, no faro situado entre brantuas e corme de aí e das nosas xuntanzas entre os faros (as festas do faro) surxío o nome da asociación. O seguinte era atopar un logotipo, como cada un eramos de diferentes lugares e queriamos que estibera relacionado co nome pensamos nos faros que tiñamos cada un máis preto da casa. Entre os que máis distancia habia era o do Roncudo en Corme e o das Sisargas en Malpica,enton surxio a pregunta ¿cal está entre faros? por iso no noso logo aparece o faro de Punta Nariga de Barizo.